Sunday 19 de May de 2024

A Biblioteca Provincial comeza mañá cun obradorio infantil as súas actividades de Nadal


Os nenos e nenas poderán crear as súas propias postais para estas datas

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña comeza mañá venres co primeiro obradoiro infantil organizado con motivo das festas de Nadal. A rapazada que asista poderá facer os seus propios adornos. Será a partir das 18.00 horas no vestíbulo do centro.

Pero ademais, con motivo das vacacións escolares, tense organizado tamén un obradoiro de pintura para escolares a partir de 7 anos. A oferta inclúe dúas semanas a elixir, entre a do 22, 23 e 26 de decembro ou a do 29,30 e 2 de xaneiro. O horario das clases é de 11.00 a 13.00 horas.

Nas mesmas datas, pero para nenos de 4, 5 e 6 anos, a bebeteca ofrece un taller de plastilina. Neste caso a entrada será libre ata completar aforo.

E para completar a súa oferta, a biblioteca, decorada para a ocasión, xa ten feito a súa guía de lectura de cara ás vacacións, con seleccións de libros tanto para o público adulto como para o infantil e xuvenil. Pódese consultar tamén no blog da biblioteca.